viernes, 4 de mayo de 2007

De castaña a castaña e tiro porque me da a gaña



Este é o noso particular Ano da Memoria Histórica, temos fame de anécdotas. ¿Lembrádesvos daquel "De castaña a castaña e tiro porque me da a gaña"?. Segundo os meus cálculos foi alá polo Magosto de 6º, así que estariamos en novembro do 1988. Eu aínda gardo o taboleiro. Velaí vai!!

3 comentarios:

Carolina Rabina dijo...

NORABOA POLA INICIATIVA!!!!
Teño que confesar que ao principio estaba un pouco reticente coa historia da cea "conmemorativa" dos 30 anos, máis que nada por iso de que estarán algúns dos mestres.... preferiría non saír de cea con algunha persoa coa que compartimos a nosa nenez (tamén lle pasará a moitos conmigo, pero é o que hai). De todas formas podedes contar conmigo neste aniversario. Boa idea César. Graciñas.

ILAMSEO dijo...

¿PARA CANDO ESA CEA?. É UNHA INICIATIVA ESTUPENDA, AINDA QUE OPINO IGUAL QUE CAROLINA. PERO ¡QUÉ CARAI!, EU TAMÉN ME APUNTO (AINDA QUE NO MEU CASO DEPENDE DE CANDO A QUEREDES FACER, PORQUE VIVO FÓRA DE GALICIA). DE TODAS FORMAS, SE NON PODO ASISTIR, MOITOS RECORDOS PARA TODA A MIÑA XENERACIÓN.

maria cartelle dijo...

estou encantada con esta idea!estou desexando que chegue ese dia a verdade e que xuntarnos todos despois de tanto tempo ten que ser a leche sobre todo por ver o cambio dalgunha xente que fai moito tempo que non vexo. 30 anos son moitos e as arruguiñas non perdoan.Gustariame volver a ver algun profesor coma Tere,Antón,Agustín etc pero supoño que será dificil reunilos a todos ,a saber por onde andan.Recordos para todos. Ata pronto.