domingo, 22 de julio de 2007

En breve tódalas fotos

viernes, 20 de julio de 2007

Mugardos - Lisboa - Mérida




Aquí temos, por cortesía de Fran, a estampa dunha pila de minimugardeses no teatro romano de Emerita Augusta. ¿Alguén se recoñece?

miércoles, 11 de julio de 2007

A idade de ouro da SD Montefaro



Este foi un bo documento gráfico para botar contas dos nomes que nos quedaban. Nin están todos os que somos, nin somos todos os que están, pero hai unha boa recua: Carolina, Miguel, Fran, Rebeca, Jesús, Cholo, un menda, Josi, Sandra, Rocha, Silvia, Luz, Simón e Lucía. Habería que mirar de facer copias... ;)

Tamén estas ti, Pablo. Unha aperta moi forte de todos nós alá onde esteas, compañeiro.

martes, 10 de julio de 2007

21 de Xullo, ás 22:00 no Milenio (a carón do Casino)




Haberá cea. Para tódolos que comezabades a mosquearvos coa nula actualización desta convocaweb dicirvos que un menda bota fume polas orellas e ás veces non da feito (escusas). O conto é que logo dalgúns tiróns de orellas e alguns folgos apaixoados dalgún venres noite no Trope decidimos que había que poñer día, hora e lugar a tan magno evento. A data: o sábado da "Festa do Polbo". O lugar: o "Milenio", ideal se temos en conta que era imposible reservar ese día unha cea multitudinaria como será esta en calquera dos locais do peirao. A hora: non antes das 22:00 por cuestións puramente técnicas, inda que algúns nos autoconvocaremos unha horiña antes para botarlle unhas nas Tradicións.

Iso si, confirmade asistencia o máis tardar o mércores 18 no teléfono que tendes na tarxetiña (non poño o meu teléfono en internet que me da un ataque).

Haberá algunha sorpresiña...

viernes, 4 de mayo de 2007

De castaña a castaña e tiro porque me da a gaña



Este é o noso particular Ano da Memoria Histórica, temos fame de anécdotas. ¿Lembrádesvos daquel "De castaña a castaña e tiro porque me da a gaña"?. Segundo os meus cálculos foi alá polo Magosto de 6º, así que estariamos en novembro do 1988. Eu aínda gardo o taboleiro. Velaí vai!!

jueves, 3 de mayo de 2007

Chamamento a tódalas unidades no 1º Ano Triunfal

Benquerida colleita do 1977, benqueridas uvas Gran Reserva que neste 2007 caedes nas poutas da terceira década da vosa vida, haise que organizar. A xeración toda que pasamos polo Unión Mugardesa proclamará este ano como o ano da Gran Cea, e comezará así a nova reinterpretación da Historia.
Dende eiquí chámovos a todas e a todos, compañeiros de pupitre, de patio, de trasnadas. Estades convocados, xa o sabedes. Deste ano non pasa.

Cea habemus!